Durante o xantar, a nosa carta caracterízase por pratos elaborados e substanciosos, ideais para gozar da auténtica cociña galega. Un dos nosos pratos estrela é o polbo á galega, un clásico que nunca pasa de moda. Preparado con polbo fresco e tenro, servido con aceite de oliva, pemento e sal groso, é o prato perfecto para saborear a esencia de Galicia.
Na nosa pulpería, temos unha carta de viños pensada para todos os gustos, cunha selección non só de Galicia e da provincia de Ourense, senón que tamén inclúe viños de todo o mundo. Dende os frescos e afroitados brancos da DO Rías Baixas ou o Ribeiro, ata os intensos tintos da DO Valdeorras ou os viños máis complexos e saborosos doutras rexións internacionais como Francia, Italia, Arxentina ou España.
E lembra, tamén para levar cun prezo especial.
Os venres a noite, combinamos a nosa carta do día a día cunha proposta máis Kanalla. Unha pequena recopilación de platillos máis informais; StreetFood adaptada, unha volta aos pratos clásicos, cociña de todo o mundo traída ao Carballiño, entrepáns impensables. O dito: diversión feita comida!
Sempre acompañados dunha pequena escolla de viños diferentes por copeo.
Iso si, lembra , sen reserva e platillos sorpresa!